sábado, 22 de febrero de 2014

Productos finais: os nosos biscoitos 18/02/2014

Por fin chegou o gran día!!!! íamos cociñar os biscoitos e para iso fomos ó comedor do noso centro e coa axuda do persoal de cociña que nos deixou o material necesario e algún que outro consello gratis.... puxémonos mans á obra.

O que tíñamos pensado que nos levaría unha sesión, é dicir, 50 minutos (que era facer as masas) o final levounos dúas, é dicir, 100 min aproximadamente, co que o profesor de música foi moi amable e nos deixou a súa sesión.

Aquí tedes algúns dos momentos da elaboración:

Amasando 
Engrasando os moldes
Decorando o grupo 3

Facendo adornos para decorar os biscoitos











Comprobando texturas


Masa do biscoito do grupo 1
E un vídeo representativo da preparación:


As cociñeiras, unha vez que todas as masas estiveron  preparadas, metéronas no forno.

Forneándose
Pasadas unhas horas e cos biscoitos xa fríos, adicamos outra sesión a adornalos para conseguir unha boa presentación:


 E chegou o momento final. Despois de varias horas traballando estes son os resultados. ¿Atreveríaste a probalos? Ummm¡¡¡

Biscoito do grupo 1
Biscoito do grupo 1
Biscoitos do grupo 2

Biscoito 2 troceado e adornado
Biscoito do grupo 2

Biscoito do grupo 3



Biscoitos do grupo 3



Resultado  final
E o vídeo final para que se che faga a boca auga...


Bo proveito a todos!!! e graciñas pola vosa colaboración!!!!, foi unha xornada cargada de nervios, emocións, ilusións... pero sobre todo tratamos que fosen uns días diferentes á hora de aprender.... se de algo serviu..... xenial!!!!


Cuestionarios laboratorio día 11/02/2014

E aquí podemos ver os cuestionarios que lle correspondían a cada grupo de traballo, coas respostas de cada un deles:

Grupo 1: Paola, Paula e Rocío

CUESTIONARIO  LABORATORIO

1. Realiza unha mestura homoxénea e outra heteroxénea cos ingredentes do teu biscoito.

·         Mestura homoxénea, xema de ovo e azucre batidos.
·         Mestura heteroxénea, ovo batido con fariña.
·         Mestura homoxénea(clara de ovo + azucre) + heteroxénea (virutas de chocolate + fariña)

Mestura heteroxénea


2. Calcula a temperatura de fusión do chocolate e da manteiga.

Temperatura de fusión do chocolate à 40ºC
-2:14= 21º
-3:00= 23º (comeza a derreterse polos bordes)
-3:52= 26º
-4:39= 28º
-6:30= 40º

Medindo a temperatura de fusión do chocolate

3. Mide a cantidade de fariña necesaria cos dous instrumentos dos que dispós no laboratorio, cal é a diferenza entre eles? Que magnitude estás medindo?

Na balanza 1 pesa 28,9 g e na balanza 2 pesa 29 g. Na primeira a sensibilidade é de 0,1 g e na segunda de 1g por iso a diferencia (xa que a cantidade de fariña é a mesma).

4. Mide 150000 mg  de manteiga e expresa o resultado en unidades do SI e en notación científica.

150000 mg · 1 g/1000 mg =  150 g
150 g · 1 kg/1000 g = 0,15 kg      
Notación científica = 1,5 · 10−1 kg

5. A temperatura de fusión, é unha propiedade intensiva ou extensiva da materia? É intensiva xa que non depende da cantidade de materia.




Grupo 2: Raúl Montero, Víctor e Alejandro.
CUESTIONARIO  LABORATORIO


  1. Fai unha mestura homoxénea e outra heteroxénea cos ingredientes do teu biscoito. Mestura heteroxénea: iogur con virutas de chocolate. Pódense distinguir, a simple vista, ambos compoñentes. Mestura homoxénea: clara e xema de ovo. Se se baten ben, os dous compoñentes chegan a mesturarse de tal forma que resultaría imposible separalos por métodos físicos.
Mestura heteroxénea: iogur con virutas de chocolate

  1. Mestura homoxénea: clara e xema de ovo

  2. ¿Que tipo de mestura forman o zume de limón e o aceite? Unha mestura heteroxénea porque teñen diferente densidade e diferencianse claramente se os votamos nun embudo de decantación.
  3. Zume de limón e aceite
  4. ¿Qué aparello de medida usades para medir o aceite?. ¿Qué magnitude estades medindo? Pode medirse con probetas.   O volume.
  5. Pesa a cantidade de fariña necesaria valéndote dos dous aparellos de medida que hai no laboratorio. ¿Qué diferencia atopas?.Na primeira balanza a fariña pesa 33g e na segunda pesa 32,7 g. A segunda balanza é máis sensible, ten unha sensibilidade de 0,1 g mentres que a primeira a ten dun gramo.
  6. Calcula a temperatura de fusión do chocolate en virutas. Min 0: Poñemos o chocolate a quentar.
    Min 1:30: O chocolate está a 15ºC. Segue sólido.
    Min 2:30: O chocolate está a 20ºC. Segue sólido.
    Min 3:30: O chocolate está a 30ºC. Empeza a reblandecerse.
    Min 5: O chocolate atópase derretido a 50ºC.
    Min 6: O chocolate mantense á misma Tª.
    Min 8: Deixamos enfriar o chocolate e cando a temperatura sexa inferior a 50ºC, solidificará
  7. Se quentas unha certa cantidade de azucre, ¿qué tipo de cambio estás realizando, físico ou químico? ¿Por que?.É químico porque se modifica a súa natureza.
Caramelo

  1. Expresa a cantidade de azucre glass necesaria en unidades do SI e en notación científica. 40g x 3 = 120 g de azúcar glas. 120g x 1 kg / 1000 g = 0,120 kg = 1,2.10 -1 kg




Grupo 3: Raúl Nieto, Sergio e Quique

CUESTIONARIO LABORATORIO

  1. ¿Qué aparello de medida usades para medir certa cantidade de nata?
 Unha probeta

Medindo nata cunha probeta

2    2. Pesade 0,1 kg de azucre, ¿Qué aparello de medida usades?

Unha balanza

Valéndote dos dous aparellos de medida que hai no laboratorio. ¿Qué diferencia atopas?.
A  diferencia de sensibilidade entre eles, nunha é de 1 g e a noutra de 0,1 g.

3. a) ¿Qué cambio de estado realizades ó quentar chocolate? Fusión, é dicir, paso de sólido a líquido.
     b) ¿É un cambio físico ou químico? Físico

4    4.   Fai unha mestura homoxénea e outra heteroxénea cos ingredientes do teu biscoito.
Mestura homoxénea: ovo e azucre


Mestura heteroxénea: chocolate e azucre



5  5.Calcula a temperatura de fusión do chocolate negro.
Tª de fusión = 62 ºC

6.Calcula  o tanto por cento de azucre que ten o voso biscoito

600 g    100 g           100 × 100
------   -------    X= -----------------= 16,67%
100 g      X               600
 
16,67% de azucre




Grupo 4: Aroa, María e Yolanda.

CUESTIONARIO LABORATORIO


1-Realiza unha mestura  heteroxénea cos ingredentes do teu biscoito.

Heteroxénea-->Ovo con pebidas de chocolate, é heteroxénea porque cando a mesturamos distinguimos un ingrediente do outro.

2-Que cambio se realiza ao quentar a manteiga? A que temperatura se produce?

· 20 º C Estado Sólido- 1 
minuto 
Mentres se fixo o cambio de temperatura de fusión 
estivo  a 20º -10 minutos 

Entón o cambio é fusión



Determinación da tª de fusión da manteiga


3-Que chocolate se funde antes, o negro ou o branco? ( pesando a mesma cantidade)

·  Fundense á mesma temperatura, 60º C

4-Que magnitude estades medindo ao medir 1 L de leite?

unidade é o L e a magnitude é o volume

5-Pesa a cantidade de cola cao nos 2 instrumentos dos que dispós no laboratorio. Cal é a diferenza entre eles ?

· 
A sensibilidade de cada aparato, unha balanza é de 0,1 g e a outra de 1 g.


Balanza con sensibilidade de 0,1 g


Balanza con sensibilidade 1 g


6-Expresa a cantidade de 50 mL de leite necesario en unidades do SI e en notación científica.
50 ml 1L/1000 ml 1m3/1000 L = 5.10-5 m3

7-O volume é unha propiedade intesiva ou extensiva da materia, ¿por que?

· Extensiva, xa que depende da cantidade de materia.










Catro receitas de biscoitos


Aquí vos deixo as catro receitas escollidas polos grupos de traballo... 



Grupo 1: Paola, Paula e Rocío
RECEITA DE BISCOITO DE CHOCOLATE


Ingredentes : 


175g de cobertura de chocolate 
75g de fariña
150g de manteiga
4 ovos 
1 sobre de fermento
170g de azucre

Preparación: 


-Fundir o chocolate coa manteiga.
-Bater as xemas co azucre. 
-Engadir ó chocolate fundido a fariña e o fermento
-Montar as claras e mesturar todo.
-Vertelo nun molde engrasado coa manteiga e a fariña.
-Colocar o molde nun forno a 180° durante 30/45min.



Cando enfríe procederemos a decorarlo con fondant e accesorios.


Grupo 2: Raúl Montero, Víctor e Alejandro
                   
RECEITA DE BISCOITO DE IOGUR


Ingredentes para 4 persoas:
- 3 ovos 
- 1 iogur de limón 
- Aceite de oliva (1 medida de iogur) 
- Azucre (2 medidas de iogur) 
- Fariña (3 medidas de iogur) 
- 1 sobre de fermento (16 g de polvo para fornear) 
- 1 limón 
- 1 cucharada de azucre glas 
- Fariña e manteiga para untar o molde
- Fideos de chocolate, raiadura de limón e chocolate fundido (opcionais,para decorar)

( É UNHA RECETA DE K.ARGUIÑANO)





Elaboración:
Casca os ovos, colócaos nun bol grande co azucre e bate ben  cunha  varilla manual (se non tes varilla, podes utilizar unha culler de madeira). 
Engade o iogur e o aceite e segue batendo. Limpa o limón e cun raiador, raia a cáscara encima.
Tamiza (pasa polo colador para que colla aire), o fermento e  a fariña, sobre a masa e mestura ben.
Unta un molde con manteiga, espolvoréao con fariña e verte dentro a masa. Introduce no forno (previamente calentado) a 180ºC durante 40 minutos.
Apaga o forno, retira o biscoito e deixa que se temple. Pasa un coitelo polos bordes do molde para sacalo facilmente e desmóldao. 
Espolvoréao cun pouco de azucre glas e serve o biscoito de iogur.
Despois, e por último, decórao a teu gusto, nós o fixemos con raiadura de limón e chocolate fundido.



Consellos:
É importante que só raies a parte externa do limón (a amarela) porque se chegas á  parte blanca, ésta  imprimiralle un amargor desagradable.
Se non tes azucre glas, podes elaboralo de forma caseira na túa casa. Introduce azucre en gra no molinillo do café ou na trituradora, dale marcha e tritura ata que quede convertido en polvo.


Grupo 3: Raúl Nieto, Sergio e Quique

RECEITA BISCOITO


INGREDENTES BISCOITO
- 150 g de chocolate para postre negro
- 100 g de azucre
- 100 g de manteiga
- 100 g de fariña
- 3 ovos
- 1 sobre de fermento

INGREDENTES COBERTURA
- 100 g de chocolate para postre negro
- 100 g de nata para montar
- 50 g de manteiga

ELABORACIÓN BISCOITO
Fundir o chocolate coa manteiga, bater as xemas co azucre, engadir chocolate fundido coa fariña e o fermento.

Montar as claras e mesturar con todo,(de arriba abaixo). Vertelo  nun molde, previamente engrasado con manteiga e fariña. Colocalo a forno medio aproximadamente uns 40 - 45 minutos.

Cando estea listo se deixa enfriar, preparamos a cobertura e a extendemos por riba.

ELABORACIÓN COBERTURA
Fundir o chocolate e mesturalo coa nata e a manteiga.



Grupo 4: María, Yolanda y Aroa

Receita de Biscoito de Chocolate


Ingredentes:
- Chocolate valor/ paladín para fundir
- Fariña, 1/4de kilo
- ColaCao, ¼ de kilo



- Azúcre: 150g-200g
- Manteiga tulipan: 150-200g
- Leite entera; 160 ml
- Ovos tamaño L, necesitamos 4
- Fermento, un sobre "royal"
Preparación:

Imos mesturar  nun recipiente grande o colacao coa fariña, tamén engadimos o fermento e mesturamos todo ben.

Agora usamos outro recipiente para bater os ovos, e engadirlle o azúcre. Removemos todo con ganas.

Agora lle agregamos a manteiga un poco derretida e o leite. Al igual que antes hai que mesturalo todo moi ben.

Unimos ambas masas, baténdoo ben á man ata que a masa resultante sexa homoxénea.

Preparamos o molde coa manteiga extendida por toda a base, e vertemos a masa nun molde ocupando ben todo o molde.
Para facer a cobertura fundir o chocolate mesturado con manteiga tamén fundida e estender sobre a superficie do biscoito.


Quentamos o forno a 185 grados máis ou menos. Metemos o molde coa masa e o deixamos uns 45 minutos, sempre comprobar antes de sacar, pinchando cun coitelo.




Primeiro día 21/01/2014


Hoxe decidimos os 4 grupos da clase de 3º B que van  levar a cabo a tarefa:

a)  Grupo 1: Paola, Paula e Rocío.
b) Grupo 2: Raúl Montero, Víctor e Alejandro.
c)  Grupo 3: Raúl Nieto, Sergio e Quique.
d) Grupo 4: María, Yolanda e Aroa.


O primeiro que tiveron que facer foi buscar a receita dun biscoito cada grupo. Tiveron unha semana de prazo, polo tanto, ata o día 28 de xaneiro.

viernes, 21 de febrero de 2014

Benvidos ó noso blog

Ola a todos!!!.

Hoxe estreno blog para contarvos como traballaron un grupo de alumnos de 3º de ESO do CPI de Atios de Valdoviño o tema da materia. Foi un intento de alonxarnos un pouco da ensinanza tradicional e introducirnos humildemente na elaboración de unidades didácticas integradas como parte dun proxecto sobre competencias básicas que se está levando a cabo este curso no noso centro. Debido á falta de tempo, neste blog unicamente vos contaremos un resume da parte práctica realizada por estes 14 alumnos, pero debido á gran ilusión que lles produxo vinme na obriga de facer isto.

Espero que vos guste!!!